trollo

Terreo con moita auga que pode ser prado ou monte baixo

Etimoloxía

Pode ser que o termo proceda do céltico *tullon ‘oco’.

Exemplos *

“Hoxe hai luar, e vese coma de día. Sentíase patuxar o gando nun trollo. Unha xovenca brincou por unha sebe.” (Ánxel Fole: Terra brava. Contos da solaina, 1955)

“Pasamos por congostras e carreiros de sirga, por brañas esvaradizas e por costas nas que só era posible avanzar collidos das xestas, das espadanas (...) e dunha planta de folla parecida á da figueira, que se dá nos ribazos e nos trollos, e que deixa nas palmas un pegañento obsesivo .” (Xesús Manuel Valcárcel: Os ollos da sentinela, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.