trompeta

Instrumento de vento que consiste nun tubo metálico, polo xeral dobrado dúas veces sobre si mesmo, que se vai facendo máis groso pouco a pouco ata rematar nunha boca parecida a un embude e que está dotado de tres válvulas que se premen para conseguir diferentes notas.

Etimoloxía

Parece que nos chegou desde o francés trompette, que probablemente remita a unha orixe onomatopeica.

Exemplos *

"Louis Armstrong, un negro que toca a trompeta e canta así moi rouco." (Manuel Seixas: A velocidade do frío)

"Xan tívoo de hóspede na súa casa, encantado de ter un curmán tan exótico e cantareiro que lles aledaba as noites coa música que saía da súa trompeta." (Paula Mariño Pazó: Na derruba)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.