trona

Asento provisto de brazos, patas altas e, en ocasións, unha bandexa na parte frontal, no que se coloca un neno pequeno para darlle de comer

Etimoloxía

Palabra que se crea desde o feminino de "trono" e este vén do latín thronus que bebe do grego thrónos 'asento elevado'.

Exemplos *

“Os bombeiros rescatan un neno que quedou atrapado polas pernas nunha trona na súa casa.” (Antón Peruleiro: La Opinión A Coruña, 7-5-2018)

“Esta novidade débese a que os propios beneficiarios expuxeron a opción de que cos fondos poidan adquirirse tamén artigos tan necesarios no primeiro ano de vida dun neno como o berce, a trona, a cadeira de viaxe ou paseo, ou incluso roupa.” (E. Álvarez: La Voz de Galicia, 31-12-2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.