Tempo de tormenta, que se caracteriza por unha calor pesada e remata nunha treboada con tronos e alustros.
Etimoloxía
Deriva do verbo tronar, do latín tonare, que incorporou un r por influencia da metátese producida no substantivo tonitrus 'trono'.
Exemplos *
"A tronada máis impresionante que teño vivido, de lóstregos e tronos, foi alí unha tarde de verán nunha ladeira de montaña, preto da Fonsagrada." (Lois Caeiro: O Correo Galego 10-11-2000)
"Unha violencia espesa e silenciosa envolvía a cidade como unha gran nube de tronada." (Carlos Casares: Ilustrísima)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


