trono

Asento elevado onde se senta un soberano ou unha persoa de alta dignidade, en certo actos solemnes.

Etimoloxía

Chega desde o latín thronus, –i , de significado semellante, que ten como referente o grego thronos, –ou 'cadeira elevada'.

Exemplos *

"Nese ano de 1.474, tan infortunado para o noso protagonista pola perda da súa compañeira, subiu ao trono de Castela a princesa Isabel I, tras o falecemento do seu irmán Henrique IV." (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino)

"En 1632, na cruenta batalla de Lützen o propio rei perdeu a vida e ela, a súa nena de seis anos, sentou nun trono dende o que os seus peíños de boneca real non chegaban sequera a tocar o chan." (Teresa Moure: Herba moura)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.