Diversión buliciosa en que participa un grupo de persoas
Etimoloxía
Palabra que deriva do verbo “troular” e este ten unha orixe escura crese que podería relacionarse co francés trôler ‘vadiar’.
Exemplos *
“O Quilino era un home serio, de poucas palabras, de carácter acedo e nada amigo de esmorgas e troulas.” (Carlos G. Reigosa: Tras da corda/ Os poderes de Revinxe, 2012)
“Amigo de esmorgas, foliadas e outras troulas, o Pedriño adoitaba meterme nelas, xa que pese á miña inicial desavinza remataba indo sempre.” (L.C. Carballal: Historias irreais/ A rapaza de ningures, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.