Morea de neve que amontoou o vento
Etimoloxía
Xógase coa hipótese de que proceda do gótico *drauso, da mesma raíz ca driusan ‘caer’.
Exemplos *
“A maior dureza da nevada era a ventisca, “pulvia” no Cebreiro, que amontoaba nos sitios resgardados do vento grandes cantidades de neve, alí chamados “trousos”.” (Xosé Alvilares: Memorial de agravios, 1992)
“Retratos de busto principalmente e do rostro iluminado polos ollos embazadores e a boca regañada que ensinaba trousos de neve.” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.