truculento, -a

Que produce horror

Etimoloxía

Vocábulo que bebe directamente do latino truculentus, -a, -um ‘que ten aspecto duro’.

Exemplos *

“Case que sempre eran historias terribles: crimes e grandes matanzas, noticias que viñan de lonxe, arrepiantes, truculentas, e cando, logo de escoitalas, volviamos para casa os nenos sempre preguntabamos de onde é que as podían sacar.” (Víctor F. Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia, 1982)

“Lémbrome das historias truculentas que Dona Adosinda conta ó amor do lume, e que tanto marabillan a Fonsiño.” (María Gándara: Magog, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.