Fungo subterráneo do filo dos ascomicetos, do que existen varias especies, de forma arredondada e moi recendente e saboroso
Etimoloxía
Préstamo do francés truffe que se toma do provenzal.
Exemplos *
“As conversas xiran en torno da Bolsa, dos chapeus, evidentemente, e de cans especializados no arrastre de trufas brancas.” (Teresa González Costa: Sempre quixen bailar un tango, 2009)
“A cada filete váiselle colocando xamón e trufa picada de xeito alterno.” (Miguel González Aguiar: O Correo Galego, 10-12-2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.