trullada

Reunión nocturna de xente para divertirse, cantar e bailar

Etimoloxía

Palabra relacionada con “troulada” que, á súa vez, deriva de “troula” procedente do francés drôle ‘gracioso’.

Exemplos *

“El era un dos máis alegres naquela reunión na que celebraban a marcha do rei. Aquel día alí todo o mundo falaba castelán e eu , que fora axudarlles ós criados para atender a toda aquela trullada, non sei que rosmei por un que barafustaba dun xeito que daba risa oí-lo.” (Xosé Manuel Martínez Oca: Náufragos en terra, 1995)

“Tralos terreos cruzados por regos de augas espellantes, pasaba o correr das capias usadas do muro, a riola de panos sedáns — roxo, marelo, verde: cores dos zodíacos labregos — dun fato, modoso e compostiño, de mozas camiñando para a trullada.” (Ramón Otero Pedrayo: Contos do camiño e da rúa, 1932)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.