trunfo

Pau que, en certos xogos de baralla, vence os demais / Cada unha das cartas deste pau

Etimoloxía

Voz relacionada con “triunfo” que procede da latina triumphus ‘vitoria’, ‘triunfo’, ‘entrada solemne dun xeneral vitorioso en Roma’.

Exemplos *

“Quen paga, e caro, son os compañeiros de xogo, pero a cambio gozan da incerteza do naipe. (...) Existe o risco de perder, incluso de que lle coman o tres de trunfo.” (Bieito Iglesias: A historia escríbese de noite, 2001)

“Duarte e Tareixa tamén estaban alí, a carón dunha mesa de braseiro botando unha partida ás cartas, e entre trunfo e brisca levaban unha lixeira conversa que nun momento determinado fixeron extensiva a Miguel.” (Antón Cortizas: Leonel, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.