tsunami

Onda xigantesca producida por un terremoto no fondo mariño

Etimoloxía

Préstamo adaptado do xaponés tsunami que é un composto de tsu ‘porto’ e nami ‘onda’.

Exemplos *

“Poden orixinarse tamén por estas mesmas razóns os movimentos chamados "tsunamis" cunha velocidade máxima de propagación de 1000 kms./hora, capaces de desplazar pesos importantes.” (Ramón Varela Díaz: Os residuos radiactivos. Ameaza no presente e para o futuro, 1983)

“O terríbel tsunami de decembro de 2004 recordounos que nin sequera vivimos nun planeta ao que lle poidamos pór límites.” (Xurxo Mariño Alfonso: Po de estrelas: Novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.