tucano

Ave americana da orde dos piciformes, da que existen varias especies de vistosas cores que teñen como característica común un bico moi grande e curvado

Etimoloxía

Crese que pode ter a súa orixe nos termos da lingua tupí tu’kã ou tu’kana.

Exemplos *

“Estaba nun posto que se chamaba Animais Exóticos O Paraíso, encerrado nunha gaiola e rodeado doutras nas que grallaban e parolaban papagaios, cacatúas e algún tucano, e onde voaban infinidade de paxaros de pequeno tamaño e vistosas cores.” (Leticia Vila Sexto: Os tratantes de papagaios, 2010)

“Serpes, tarántulas, iguanas, tucanos, monos ou calquera outro animal co apelativo de " exótico " causan furor, sobre todo entre os máis novos. Precisan dun coidado especial que moitas veces é pasado por alto polos seus donos.” (Ana López: Consumer Eroski, 2-2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí