tuia

Árbore da familia das cupresáceas, de copa piramidal, ramas planas e follas semellantes a escamas, moi utilizada como ornamental

Etimoloxía

Nome que provén do grego thuía ‘tipo de cedro’.

Exemplos *

“Fun pola parte detrás do Hotel e levei una grata sorpresa. Atopei un xardín cercado con tuias e cheo de flores; sen dubida eran as culpables daquel arrecendo.” (Josefa de la Esperanza: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011, 2011)

“As tuias teñen unhas piñas pequenas (8-12 mm), estreitamente ovoides, ergueitas, con escamas alongadas, delgadas, planas unidas ao eixo pola súa base, cun piquiño preto do ápice.” (Celestino Quintela Sabarís, Martín Souto Souto, Francisco Leonardo Docanto e Xan Guerra Bouzas: Roteiros verdes da USC, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.