tulipán

Planta herbácea da familia das liliáceas (Tulipa gesnerana), de bulbo ovoide, que bota un talo único do que sae unha gran flor acampanada, que pode ser de diferentes cores.

Etimoloxía

Desde o francés tulipe, co mesmo significado, e este do turco tülbent 'turbante', forma que é semellante á que adopta a flor cando está pechada.

Exemplos *

"Cando chegou a Amsterdam, a cidade dos segredos inconfesables, dos tulipáns e das tellas miúdas…" (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos)

"Tampouco se pode (…) botar ao lixo un brote de tulipán, ou pegarlle un tiro ao can que criamos na casa." (Inma López Silva: Concubinas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.