túmulo

Monumento funerario que se levanta no lugar onde está enterrada unha persoa.

Etimoloxía

Vén da forma latina tumulus 'elevación do terreo' ou 'morea de terra que sinala unha tumba'.

Exemplos *

"Ao entrar no cemiterio, no lugar central e privilexiado, encóntrase o túmulo de Concepción Arenal, que evidencia a importancia que a cidade lle concede ao carácter liberal personificado pola insigne xurista …" (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa)

"Así que, cando me trouxesen a noticia da túa morte, celebraría segundo esixe o rito as túas exequias e depositaría no túmulo a túa memoria envolta neste sudario." (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.