Persoa que fai turismo
Etimoloxía
Tomado do inglés tourism.
Exemplos *
“Valentina conduciu amodo e dando voltas deliberadamente, coma se fose unha turista perdida pola cidade de Santander.” (María Oruña: O que a marea esconde, 2021)
“Aquel día, non obstante, estaban o Mouro e Marcelo sós, xunto con algún outro dos tripulantes que ía e viña pola cuberta atendendo as súas tarefas. Case todos os pasaxeiros que quedaban a bordo, exceptuando os turistas, desembarcarían en Río.” (Vanesa Santiago: A vida sinxela de Marcelo Firmamento, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


