Mineral de cor azul verdosa que está formado por un fosfato hidratado de aluminio e cobre, cristaliza no sistema triclínico e se emprega como pedra preciosa.
Etimoloxía
Procede do francés antigo turkeise en clara referencia aos turcos porque ao primeiro estas pedras chegaban desde os dominios turcos.
Exemplos *
"Pois cada caixa que violentaban ofrecía obxectos máis prezados: aderezos de prata, gran cantidade de pebidas de ouro de purísima calidade, tres turquesas, once granates, etc." (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino)
"Rodeando estas figuras antropomórficas estaban as pedras turquesas, as turmalinas e obsidianas en forma de macheta." (Xesús Valcárcel: Matar o tempo)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.