turquesa

Cor da pedra con este nome (mineral de cor azul verdosa que está formado por un fosfato hidratado de aluminio e cobre, cristaliza no sistema triclínico e se emprega como pedra peciosa).

Etimoloxía

Chegounos desde o francés antigo turkeise 'turcomán', nome que se lle aplicou a esta pedra polo territorio no que se atopou.

Exemplos *

"Presentan estes curiosos organismos, na porción que sobresae ó exterior das augas mariñas, un sáculo de cor azul turquesa, moderadamente translúcido …" (Xavier Queipo: O paso do noroeste)

"Con palabras de prata digo esta inmutábel serenidade, este azul turquesa, este infinito." (Miguel Anxo Fernán Vello: Galicia Hoxe 11-02-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.