Doce de forma rectangular que se fai con améndoas amasadas con mel ou azucre e é típico do Nadal.
Etimoloxía
Non se coñece con certeza a súa procedencia, sobre a que se ofrecen distintas explicacións.
Exemplos *
"Asos sete anos a fonte parecíalle grandísima e escasos os anacos de turrón que bailaban encol dela e desaparecían nun instante, deixándoo con máis gana da que tiña ao primeiro." (Lois Diéguez: A canción do vagamundo)
"Había paquetes abertos cheos de turrón reseso e derretido, de abelás, améndoas, todo o que mandaban de fóra polo Nadal …" (Xesús Manuel Marcos: Terra queimada)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


