Saia curta de gasa, engurrada e con varias capas, que usan as bailarinas de ballet clásico
Etimoloxía
Termo que se recolle do francés tutu.
Exemplos *
“...quere contarnos todo ese lado escuro do mundo do ballet (...) e veremos todo o peor deste universo: as tendencias autodestrutivas, os celos, os odios, envexas, competencias e o pouco glamour que queda cando os tutús se gardan no armario.” (Ana Bulnes: Disquecool. O medio de tendencias made in Galicia, 5, 1-2015)
“Mira, mira, mira, mira. Aquela que leva unha flor no pelo non é o teu pai? Xusto tiña que atinar nel. Había ducias de homes vestidos de muller monumental e alá vai ela, a frecha, a pispante, e ve a Polca, co seu vestido estampado e case sen voo, de minisaia, que se lle ve todo o paquete, unha braga de encaixe co vulto aquel, que horror, xa mellor que fora con tutú.” (Manuel Rivas: Os libros arden mal, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


