Baile de orixe americana que se caracteriza polo movemento alternativo e medianamente rápido das cadeiras, dos brazos e dos xeonllos flexionados.
Etimoloxía
Termo tomado do inglés twist 'torsión' que é a imaxe que proxectan os que bailan este ritmo.
Exemplos *
"Vaise achegar para saudarte, para dicirche «Ola Elías, ven que che vou ensinar cómo se baila o twist»." (Carlos Casares: Xoguetes para un tempo prohibido)
"Os pailáns arrimábanse á barra e contemplaban a xente fina retorcéndose ao ritmo histérico que marcaba Chubby Checker, o twist." (Xavier Alcalá: A nosa cinza)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


