uceira

Monte ou terreo poboado de uces

Etimoloxía

Palabra derivada sobre estoutra “uz” que procede do latín vulgar ulice que leva ao clásico ulex ‘tipo de arbusto’.

Exemplos *

“A Flora do Invernadoiro. (...) Na primavera, a vida agroma nas montañas despois do duro inverno co violeta das uceiras e o amarelo das chorimas.” (Manuel Rey: Gciencia, 20-10-2018)

“Desde ese último muíño podemos iniciar o descenso por un carreiriño que nos leva a unha devasa perpendicular, coincidente coa fronteira internacional. Custa moito topar os marcos, que neste lugar están agochados na uceira.” (Valerià Paül Carril: Sermos Galiza, 19-10-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.