ucraíno

Lingua eslava falada en Ucraína

Etimoloxía

Palabra formada sobre o topónimo Ucraína.

Exemplos *

“"Alto! Zona prohibida", di un letreiro en ucraíno no límite da zona de exclusión.” (Pablo González: Luzes, 06-2016)

“Pero o máis rechamante do asunto é que, repudiando a súa cultura e lingua materna (tanto o yiddish —aínda «lingua nacional» da comunidade hebrea—, coma o ucraíno ou o polaco), abrazou con paixón a lingua tedesca.” (Ramón Villares Paz: Fuga e retorno de Adrián Solovio. Sobre a educación sentimental dun galeguista, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.