Facer o que queda para rematar algo que está case listo, ao que só lle faltan os últimos detalles
Etimoloxía
Vocábulo que bebe do latín tardío ultimāre 'chegar ao remate', este é un derivado do adxectivo ultĭmus 'último'.
Exemplos *
“O editor chamárao para ultimar algún detalle das últimas probas de imprenta daquel terceiro volume da triloxía, e comentáralle que Inés non estaba moi ben ultimamente, (...), a ver se vés cear un día e falas con ela, que sempre vos entendestes ben.” (Berta Dávila: A arte do fracaso, 2010)
“Na taberna do Luciano Taboada, o "Cuncas", que fora admitido como cociñeiro da expedición, os homes da Gaceta Agraria de Verín celebraban as súas reunións para ultimar os preparativos da viaxe a África.” (Xosé Manuel Martínez Oca: As florestas do Mañuema, 1988)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


