ultratumba

Aquilo que se supón que existe máis alá da tumba ou da morte

Etimoloxía

Palabra formada polo prefixo “ultra-” que vén do latín ultra ‘máis alá’ e o substantivo “tumba” que procede da latina tumba que bebe da grega túmbos ‘túmulo’.

Exemplos *

“As fotos de pantasmas, por exemplo, non era nada estrañas (e hai uns anos houbo en París unha exposición realmente fascinante que mostraba todas esas fotos que intentaron facer de auras, espíritos e mensaxes da ultratumba).” (Raquel C. Pico: Disquecool. O medio de tendencias made in Galicia, 11-2014)

“Nese preciso instante o elixido deberá penetrar no mundo de ultratumba, no que moran os espíritos, para acadar a completa rexeneración do dragón...” (Elena Gallego Abad: Dragal III. A fraternidade do dragón, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.