ulva

Alga verde da clase das clorofíceas, da que existen varias especies de hábitat mariño, co talo foliáceo semellante a unha folla de leituga

Etimoloxía

Termo culto que deriva do latín ulva ‘alga’.

Exemplos *

“Argazos ou sargazos, ulvas e outras moitas, xa que pasan de trescentas as especies destas plantas que se coñecen nas costas da Galiza.” (Xaquín Lorenzo Fernández: Etnografía: Cultura material (Historia de Galiza), 1962)

“Tomando como referencia as especies Undatria pinnatifida, Saccorhiza polyschides e Ulva viuse que non mostraban signos de contaminación. De todo o indicado debemos subliñar que os efectos producidos nas macroalgas foron escasos. En xeral, o impacto por hidrocarburos do Prestige foi desigual nas distintas especies.” (Xoaquín Penas Patiño: A arca de Noé. Elementos de oceanografía e bioloxía mariña, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.