Árbore da familia das ulmáceas, do que existen diversas especies, de quince a vinte metros de altura, tronco dereito, casca grosa, follas dentadas asimétricas, froito en sámara, copa mesta e de madeira moi apreciada
Etimoloxía
Termo que toma como base o latín ulmus de significado semellante.
Exemplos *
“No aberto, baixo o esqueleto invernal dun umeiro inmenso, quedaron furgoneta e viaxeiros mentres eu ía na procura do meu tío.” (Ánxel Vázquez de la Cruz: Luz de tebra/ Os xitanos, 2010)
“(...) á sombra de salgueiros, abrairas e umeiros, acompañado do suave marmuxo das augas cristalinas e do pirlo dos paxaros o pretendente obsequiaba á dona.” (Aquilino Poncelas Abellas: Contos e lendas do Bierzo, 2004)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.