underground

Movemento artístico alternativo que actúa fóra dos circuítos ordinarios de produción, distribución e comercio

Etimoloxía

Préstamo tomado do inglés underground ‘subterráneo’.

Exemplos *

“Actualmente, coas películas que se fixeron sobre el, xa é distinto, pero daquela aínda permanecía no ámbito case underground dos cómics.” (Agustín Fernández Paz: O rastro que deixamos, 2012)

“Ano e medio antes de falecer nun accidente de tráfico Rolf Dieter Brinkmann, "o gran poeta do underground" (Der Spiegel), gravou un total de once desasosegantes horas en cinta magnetofónica.” (Franck Meyer: A Nosa Terra, 02-08-2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.