Ferida que produce a uña cando, ao medrar demasiado, se crava na carne.
Etimoloxía
A palabrase fórmase sobre o termo uña ao que se lle engade o sufixo -eiro.
Exemplos *
"E como tiña a filla cun uñeiro no dedo dunha man que lle doía moito indicáronlle que me visitasen xa que lles cadraba en camiño a Ourense." (Manuel Reimóndez Portela: Un médico na aldea)
"Anque pode deberse a un traumatismo con posterior ataque viriásico (micose) e tamén herpes ou repetidos uñeiros." (Elisardo Bralo Rego: Medicina natural e caseira, II)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.