Acción e efecto de universalizar
Etimoloxía
Palabra derivada de “universal” que chega desde o latín universalis de significado semellante.
Exemplos *
“O desenvolvemento de novas armas éticas para a defensa dunha real democracia e a universalización do benestar que nos agarda evitando a marxinación.” (Paulo Naseiro: Petroglifo. Revista da Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia, 1997)
“A sociedade industrial provocaría unha homoxeneización que se manifestaría no nacionalismo e a universalización da alfabetización, propia do novo tipo de sociedade, sería un elemento clave no seu nacemento.” (María López Sande: Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


