Conxunto da materia que existe no espazo e no tempo, particularmente referida aos corpos celestes e, en definitiva, conxunto de todo o que existe
Etimoloxía
Vocábulo que procede do latino universus 'todo'.
Exemplos *
“O radio é un elemento extremadamente escaso na codia terrestre e moito máis no resto do Universo.” (Manuel Rafael Bermejo Patiño, Ana María González Noya e Marcelino Maneiro Maneiro: Guía dos elementos químicos. Historia, propiedades e aplicacións, 2018)
“Os cúmulos de galaxias son as estruturas máis masivas do Universo e exercen unha poderosa atracción gravitatoria que deforma o espazo-tempo arredor delas.” (AA.VV.: GCiencia. O portal da ciencia galega, 02- 2015)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.