unto

Graxa que envolve os intestinos dos animais, en particular a do porco, que se conserva curada ou no sal

Etimoloxía

Termo que procede da palabra latina unctus, -us ‘aceite’, ‘perfume’ ou ‘boa mesa’.

Exemplos *

“Díxeno porque a Gripi, que é unha santa, baixoume un caldiño de verzas con unto e teimaba en que o comese.” (Alfonso Álvarez Cáccamo: Xente de mala morte, 1993)

“Os outros labregos tíñanse que conformar con broa ou pan negro, caldo adobiado con unto e leite augado, e facían rogativas no templo parroquial para que as colleitas anuais fosen as esperadas, pois apenas tiñan asegurado o sustento para a metade do ano.” (Xosé Mª Lema: Costa do solpor, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.