Estudo que se ocupa do deseño e disposición de edificios, vías de comunicación etc., dunha aglomeración urbana, tendo en conta as necesidades desta e aténdose a unha serie de normas estéticas, científicas, administrativas etc.
Etimoloxía
Creación sobre a palabra “urbano” que procede do latín urbanus, -a, -um ‘da cidade’.
Exemplos *
“A confusión entre o "urbanismo para edificar" e o "urbanismo para urbanizar" que caracteriza a ideoloxía de boa parte dos electos locais e do público propietario.” (Juan Luís Dalda Escudero: A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro, 2009)
“Coñecendo as súas teorías e maneiras, resultaba fácil comprender aquel modo de conxugar espacio e estética, paisaxe e urbanismo, especulación e habitabilidade.” (Xosé Antonio Perozo: Martázul, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.