urbanita

Persoa que reside ou residiu por moito tempo na cidade e está afeita aos hábitos sociais e o modo de vida propios do ámbito urbano

Etimoloxía

Palabra que remite á latina urbanus ‘da cidade’, pero entra desde o inglés urbanite.

Exemplos *

“Ti es unha urbanita, precisas o teu teatro e os teus concertos, as túas exposicións, as pelis en versión orixinal, os garitos da cidade vella, as librerías, os soportais de conto.” (Xurxo Borrazás: Corte Norte/ZFK, 2008)

“Unha rara sensación paisaxística, típica dos urbanitas, prendeu nel ante o poderío da ribeira bravía do outro lado, con socalcos acadados a golpe de cadrís e frondes montesías cubrindo a arisca paisaxe inclinada.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.