urbanización

Proceso polo que se dota un lugar, habitado ou non, das características apropiadas para facer del un núcleo de poboación urbana, construíndo rúas, instalando iluminación pública, redes de sumidoiros etc.

Etimoloxía

Vocábulo que, en último caso, vén de urbanus ‘da cidade’.

Exemplos *

“Clos asegurou que "a urbanización chegou para quedar " e que " dentro dunhas poucas décadas, África será predominantemente urbana".” (E.P.: Galicia Hoxe, 25-11-2010)

“As formas de urbanización e de cidade difusa maniféstanse aquí en toda a súa ambigüidade e contradición, reclamándose unha orde paisaxística e ambiental capaz de afrontar unha síntese entre a identidade do orixe e a modernidade como calidade urbana.” (Juan Luís Dalda Escudero: A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.