Núcleo novo de poboación formado por un conxunto de edificios proxectados conxuntamente, cunhas determinadas características comúns e construídos nun terreo no que se realizaron as operacións necesarias para que tivese características urbanas.
Etimoloxía
Palabra derivada que toma como base “urbano” que procede do latín urbanus, -a, -um ‘da cidade’.
Exemplos *
“Mentres o taxista detén o vehículo na entrada da rotonda pola que se accede á urbanización, a muller volve facer unha chamada telefónica.” (Diego Ameixeiras: Matarte lentamente, 2013)
“Só uns rapaces da urbanización que xogaban ao fútbol de mesa baixo un toldo de lona, que se movía coa brisa.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.