Cidade grande, xeralmente importante e con moita poboación.
Etimoloxía
Procede da forma latina para denominar a cidade, urbs, -is.
Exemplos *
"… desde a urbe chámaselle aldea ó campo en xeral e tamén a cada unha desas demarcacións que aquí denominamos parroquia." (Xosé Chao Rego: Para comprendermos Galicia)
"Os persas que cercaban a urbe a unhas tres millas, quedan cegados pola escuridade, perden a orientación e non saben por onde entrar na fortaleza." (Mª Xosé Queizán: Amantia)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


