uretra

Conduto por onde circula a urina desde a vexiga ata o exterior.

Etimoloxía

A denominación deste conduto procede do grego ourethra –as, aínda que nos chegou desde o latín.

Exemplos *

“… procedín ó recoñecemento e comprobei que a agulla entrara co couce polo meato e seguindo pola uretra chegara ó fondo da vexiga.” (Manuel Reimóndez Portela: Un médico na aldea)

“… as hemorraxias poden aparecer por certas doenzas con erupción cutánea: verrugas na entrada da vaxina, pólipos no pescozo do útero ou na uretra, tumores da matriz …” (Elisardo Bralo Rego: Medicina natural popular e caseira)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.