urna

Caixa onde se depositan os papeis dunha votación ou dun sorteo.

Etimoloxía

Tomouse do latín, onde urna podía ser ‘caldeiro do pozo’, ‘medida de capacidade’ ou ‘urna funeraria ou de voto’.

Exemplos *

"Débese recoñecer que a vida e o compromiso político dun cidadán non pode nacer e morrer no acto de depositar un voto nunha urna." (Nel Rodríguez Rial: O planeta ferido. Por unha razón ecolóxica)

"Trátase do que xa denominamos "ideoloxía do antagonismo", que afecta ós poucos e incide moi lixeiramente sobre os moitos, que á hora do voto nas urnas concédenllo ás forzas desgaleguizadoras." (Xosé Chao Rego: Para comprendermos Galicia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.