Orde dos anfibios de corpo alongado e cola longa.
Etimoloxía
A forma creouse no latín científico baseándose no grego ourás, -ás ‘rabo’.
Exemplos *
“Sálvora, para nós, é a que pode presumir de ter unha fantástica cantidade de anfibios repartidos entre anuros e urodelos.” (Estanislao Fernández de la Cigoña: Illas de Galicia: Cíes, Ons, Sálvora, Tambo, San Simón e Cortegada)
“A píntega é un anfibio, para máis datos, Urodelo, que non usa moito a auga.” (Xosé Salvadores: Cerna 03-2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.