urro

Berro forte dunha persoa / Voz forte dun animal

Etimoloxía

Vocábulo de orixe onomatopeica.

Exemplos *

“Non agardaban tanto custo e perdas na toma da cidade e agora que xa arden os derradeiros bastións, bérrase a vinganza en urros de vitoria, espallándose polas ruelas e prazas como marea imparable.” (Xosé Alfredo Naz Fernández: A garza insomne. Certame de Narracións Breves Manuel Murguía, 2013-2015, 2016)

“Daquela hoste congregada no Outeiro de Fóra nada se sentía, nin unha voz, nin o bater dos martelos ou das lanzas, nin un urro. Só o vento.” (Xabier Cordal: Relatos para televisión, 2019)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.