uva

Froito da vide, redondo ou ovado, agrupado con outros en acios, do que se obtén o viño.

Etimoloxía

Procede da forma latina uva, -ae, que designaba tanto a uva como o acio.

Exemplos *

"En España tómanse 12 uvas coas badaladas que marcan o Aninovo, en Chile cómense lentellas …" (O Correo Galego 2000-12-23)

"Boto de menos o nadal con papá contándome historias de neve, suxeitándome co seu brazo dereito e único, bicándome cos seus labios de mazá e uvas e caramelo." (Xosé Carlos Caneiro: A rosa de Borges)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.