Mamífero da suborde dos ruminantes, femia do touro, que se cría para aproveitarlle o leite, a carne e a pel.
Etimoloxía
Procede do latín vacca, –ae que significaba 'vaca' ou 'tenreira'.
Exemplos *
"Só facía falta que a vaca que viña polo rego se quedase na volta case parada e a outra xirase case en redondo." (Afonso Eiré: Eu tamén fun coas vacas)
"O rapaz do que imos falar, tiña que erguerse moi cedo, case ó romper o día, pois a súa nai era viúva, mantiña vides, terreos, unha vaca e unhas ovellas, que el tiña que levar ás mañás a pacer." (Celsa G. Viñoa: Anacos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.