Período de tempo durante o cal non hai que asistir ao traballo ou ás clases, dedicado polo xeral a descansar e a actividades distintas das habituais
Etimoloxía
Palabra que nos chega desde a latina vacatione
Exemplos *
“No transcurso das vacacións forxamos as ilusións para o novo curso. 1993 ía ser moi importante en Santiago de Compostela.” (Xosé Antonio Perozo: Martázul, 2001)
“Así foi ata o día escollido para inaugurar a mostra das pinturas e debuxos dos alumnos. Era tamén o día en que daban vacacións de Nadal, e ti xa asumiras que ela iría pasar as festas coa súa familia.” (Luís Rei Núñez: Días que non foron / O corvo de chapapote, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.