vacina

Molécula ou organismo que actúa como antíxeno, utilizado para producir inmunización preventiva

Etimoloxía

Deriva do latín científico variola vaccina que significaba ‘varíola das vacas’, pero partir de 1846 documéntase o uso da voz en latín vaccina ou en inglés vaccine para designar o produto que se inoculaba.

Exemplos *

“O medo as vacinas xa é unha das 10 ameazas mundiais contra a saúde.” (Victoria García: GCiencia, nº 92, 1-2019)

“Son a encargada de levar unha vacina que salvará moitas vidas. Se eu falto, o avión partirá sen a vacina, e toda a campaña virá ao traste.” (Julio Fernández Peláez: A morte é breve, 2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.