vagallón

Onda de gran tamaño / Estado do mar con ondas que oscilan entre os seis e os nove metros de altura

Etimoloxía

Palabra derivada que se forma sobre “vaga”, termo que bebe do francés vague que, á súa vez, remite ao nórdico vaag ‘mar’.

Exemplos *

“O mar presenta outra vez aquela fasquía abraiante: un mar mesto, visguento, amarelo, a arder; vagallóns enormes que o vento axita e veñen bater na praia: fedorento e ameazador, que tal parece que queima na area e manca na vista. Por este mar non poden andar os barcos.” (Víctor F. Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia, 1982)

“A lancha quedoulles sen forza, encallou, e axiña foi esnaquizada polos témeros vagallóns que a batían contra as penas.” (Manoel Riveiro Loureiro: O patrón, 1990)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.