Insecto da orde dos coleópteros, do que a femia se asemella a un verme por carecer de ás e élitros e por ter o abdome de forma alongada, formado por aneis que emiten luz na escuridade
Etimoloxía
Palabra composta formada polo verbo “vagar” que vén do latín vagare ‘andar errante’ e o substantivo “lume” que bebe do termo latino lumen que significaba ‘luz’, ‘claridade’ ou ‘lume’.
Exemplos *
“DO XEITO EN QUE ME SINTO QUEN de amarte / parte un vagalume” (Xela Airas: Denuncia do equilibrio, 1986)
“A lúa chea alumaba unhas bolboretas que bailaban arredor dun vagalume que fixera o niño á beira do camiño.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia / O cadaleito branco, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


