Envoltorio tenro formado por dúas láminas alongadas, onde están as sementes de certas plantas.
Etimoloxía
Procede do latín vagina.
Exemplos *
"A avoa debullaba as vaíñas das fabas ou os carozos do millo que levarían ó muíño para encher a artesa con ese bafo alegre do pan acabado de facer …" (Xavier Queipo: O ladrón de esperma)
"Lembrou entón unha tardiña apracible, e ela e mais Amaro debullando chícharos naquela mesa baixo a vide. As uvas comezaran a madurar e estaban azuis de sulfato. Miraba a Amaro abrir as vaíñas con delicadeza e, cun movemento do dedo, baleiralas no cunco." (Dolores Ruiz: Dentro da illa)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


