vaites

Exclamación que expresa admiración ou sorpresa e, ás veces, certa ironía

Etimoloxía

Expresión que xorde desde “vai”, imperativo do verbo “ir”.

Exemplos *

“— Vaites— dixo ao ver o pequeno que o seguía —. Aínda estás aquí. Quero ver un milagre —dixo Elijah. O mago anicouse e mirouno fixo a algún lugar entre os ollos. O que viches —díxolle—, non foi milagre ningún.” (Miguel Anxo Murado: O soño da febre, 2007)

“Recoñecín un par de caras: Alazais Rives chorando os sete chorares, Guillaume Maurs, todo fanfurriñeiro enfrontándose aos soldados, os Benet agarrados uns aos outros, o pequeno dos Pelissier perdido... vaites, un mundo de xente que non me deu tempo de recoñecer.” (David Conde: Hai santos que non queren ir ao ceo, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.